Turismo Náutico

Home»Turismo » Turismo Náutico

Catamarán

O catamarán de “Santa María de Alberguería”, ten capacidade para 8 persoas e funciona regularmente durante os meses de xullo e agosto ( 4€/ persoa ( mínimo de 5 pasaxeiros) o resto do ano baixo petición anticipada sempre e cando o permitan as condicións meteorolóxicas), realiza un percorrido que dura aproximadamente 1 hora polo encoro de Prada visitando a Illa de Prada e os numerosos recunchos que se forman o longo dos case 8 quilómetros do encoro, achegandose as aldeas ribeireñas e brindando os seus pasaxeiros unhas vistas moi diferentes ás que están habituados.

As reservas para o uso do catamarán realizanse na Oficina de Turismo da Veiga:

Rúa Nova s/n
988 35 01 30
turismo.aveiga@gmail.com
9:30 a  15:30
Luns – Venres
Martes –sábado (soamente meses de xullo e agosto)

Escuela de Piragüismo

A  escola de piragüismo da Veiga funciona nos meses de xullo e agosto, formando sobretodo os máis novos, (ainda que está aberta a tódolos públicos) e consta de diferentes niveis (desde kayak a piragüas profesionais). As calmadas augas do encoro de Prada permiten que a práctica deste deporte sexa doada incluso para aqueles que non teñen  moita experiencia no piragüismo.

Para o aluguer de kayaks  e piragüas contactar ca Oficina de Turismo da Veiga:

Rúa Nova s/n
988 35 01 30
turismo.aveiga@gmail.com
9:30 a  15:30
Luns – venres
Martes –sábado (soamente meses de xullo e agosto)

Praia Dos Franceses

A Praia dos Franceses situase uns metros antes de chegar o centro do pobo da Veiga, esta dotada  de aseos públicos, duchas e servizo de vixianza durante os meses de xullo e agosto, ademáis de áreas de recreo para aqueles que desexen desfrutar dun relaxado día de praia, evitando as masificacións, e dunha zona de xogos para os máis pequenos. É posible alugar kayaks e piragüas, así como desfrutar dos paseos ó redor do encoro no Catamarán.

A praia conta ademáis cun embarcadorio e o pantalán de baño.

A  idea dun embarcadoiro nun Municipio de interior e de  alta montaña  non era tan novedosa.  Cando se construíu o Encoro de Prada  foi unha das solucións propostas para resolver a comunicación  entre ambalas marxes do Encoro.
O pantalán de baño, unha estructura flotante con un trampolín e un tobogán,  sí resultou ser unha idea novedosa e dende entón pode verse na Praia dos Franceses,  semellante a outras existentes nas praias do litoral, no verán chea de bañistas e no inverno , testemuña de tempos máis calurosos.

A Praia dos Franceses é na actualidade  o núcleo neurálxico da Veiga nos meses de verán,  non só para turistas senón para tamén para os veigueses.  Ademáis das actividades de baño, realizanse cursiños de natación e piragüismo , campamentos de verán e outras actividades de ocio e tempo libre coma concertos  coma o do Festival de Montaña “ Trevincafolk”  ou a Feira de Caza e Natureza “ Trevenatio”.

O resto do ano, está permitido o baño pero extremando as precaucións, xa que o nivel da auga é máis alto e a praia non dispón de servizo de vixianza.

Pesca

O río Xares é un dos ríos galegos por descubrir, nas súas augas podemos atoparnos con algunhas das troitas máis bravas de Galicia, ademáis a transparencia das súas augas delata na maior parte das ocasións a nosa presencia. O coto de pesca do Río Xares exténdese 200m por debaixo da desembocadura do río Canda ata o Pozo dos Mouros, cun total de 4,2 km.

O coto de pesca do río Xares atópase pechado actualmente, debido o fin da tempada.
Pendente de apertura da tempada para o ano 2012.

No encoro de Prada pode realizarse a pesca de ciprínidos sen problema de tramos acotados.