A Cántara da Moura

Home»Turismo » Rutas de Sendeirismo » A Cántara da Moura

ÁREA DE RECREO: A CÁNTARA DA MOURA

LOCALIZACIÓN

Provincia: Ourense
Comarca: Valdeorras
Concello: A Veiga
Lugar: A Cántara  da Moura.

ACTIVIDADES
Senderismo. Observación de flora e fauna autóctona.

ACCESO
Núcleo capital municipal A Veiga.
Accesibilidade: peonil

DESCRICIÓN
Lugar pintoresco. Espacio natural.

Trátase dun tramo do río Corzos no que as rochas ou bolos de granito, erosionados durante milleiros de anos pola acción do vento e das augas, conforman un lugar máxico e enmeigado  donde habita unha “ moura  de longos cabelos dourados”…

LOCALIZACIÓN E VÍAS DE COMUNICACIÓN
Cómo chegar:

Dende a Oficina de Turismo de A Veiga,  atravesamos a Ponte sobre o Encoro de Prada e a “Ponte Cachafeiro” pola estrada A Veiga- Corzos, para tomar o sendeiro que leva a “Cántara da Moura”.

 

O lugar coñecido como “ A Cántara da moura” é un espacio natural  o pé do río Corzos  onde a auga, as covas, as pedras e a vexetación  conforman un dos espacios máis especias do Concello da Veiga.

As grandes covas existentes forman un laberinto natural e  na cántara o río Corzos vai soterrado formando unha piscina natural sempre fresca, saíndo de novo o exterior a través dunha porta , según contan esculpida na rocha polos mouros,  en forma de fervenza branca e ruídosa.

A Cántara da Moura está situada nunha zona  onde existen moitas covas, sendo a máis famosa a  chamada “ Cova dos escapados”. Nesta cova refuxiaronse durante meses os escapados da guerra civil, pertencentes o bando republicano, que foron moi perseguidos nesta zona . A esta cova só se pode acceder por un  pequeño burato, só coñecido polos veciños da zona,  ó que lle poñían unha escaleira  para baixar que quitaban de seguido unha vez que entraban . Conseguían sobrevivir semanas enteiras sen saír gracias a que nesta cova o río vai soterrado e podían pescar as troitas negras do  río Corzos.

Outra cova moi coñecida é  “ O cubo”, igualmente empregada para agocharse os escapados. Esta cova ten sete bocas de entrada, ó  que lles permitía os escapados burlar doadamente ós seus perseguidores , entrando por unas e saíndo por outras.
Ambalas dúas covas  foron o refuxio  de moitos  veciños ,  sendo  testigos no noso pasado máis recente.

Partíndo da cántara e seguindo río arriba, atopáse o “ Curro dos lobos”. O lobo foi un animal moi temido nesta zona, principalmente, por que ó ser unha zona gandeira  o lobo atacaba de cotío o gando.
O curro dos lobos é unha construcción redonda, que conta cun  muro de pedra feita polos antigos veciños de Corzos. Éstes puñan de cebo  a un pequeño cordeiro que atrían ó lobo, para despois darlle caza.
Era moi común que os veciños que atrapaban ó lobo, ó   fosen amosando polas rúas do pobo , pedindolle ós veciños calqueira cousa para comer ou beber, facendo unha pequena festa  celebrando ó apresamento do lobo.
Tamén celebraban deste xeito o apresamento das camadas dos lobos, amosando as pequenas crías, o que da idea do temor que se lle tiña ó lobo nas terras da Veiga.

Tamén río arriba  atopámos a  “ Fonte da moza”, esta fonte era un lugar de descanso para as mozas que gardaban o gando. Deste lugar existe a seguinte lenda:

Aproveitándo a ruta da Cántara da Moura podese visita-lo pobo de Corzos, onde as grandes rochas forman parte das vivendas máis tradicionais e os fornos  de pan  sobresaen dalgunhas fachadas.
No pobo de Corzos están rehabilitados o Muiño dos Carballos e a Forxa do pobo, incluídos na Rede  Etnográfica da Veiga, aínda que tamén se conservan outros moitos muiños como os muiños  dos calois, da ameixeira, da caborca, do lameiro, entre outros.

Para chegar á Cántara da Moura , pode seguirse o sendeiro sinalizado polo Concello, que se inicia na Ponte da Veiga seguindo en dirección ó pobo de Corzos.

Conta a lenda que…

“ No interior desta  cova habita unha fermosísima  moura. O rompelo día a moura abandona o seu recanto de pedra para saír a sentarse á beira do río. Alí peitea os seus longos cabelos dourados  cun peite de ouro, mentras espera achegarse ás mozas de Corzos que gardan  o seu gando, no momento en que pasan o seu carón a moura deixa caer o seu peite.
Se a moza que se para  a recoller o peite, a moura premia a súa bondade cunhas moedas de ouro.
Se a moza segue o seu camiño e non se detén, a moura castiga o desden da doncela convertíndoa  nunha pedra  máis das moitas que hai no lugar.””

ORIXE  “ A CANTARA”.

A palabra “ cántara” pode ter dous significados, os dous igualmente válidos e aceptados para explicar a orixe do nome do lugar, sen ben dado o carácter rural, campesiño e cotián do térmo  semella que cántara coma recipiente resulta o acertado.

1º. Cántara como femenino de  “ cántaro”, recipiente para gardar líquido ou ola. ( A cántara  é unha cova entre grandes rochas por onde discurre o río )
2º.-     Cántara como pertencente a familia de “ Canto”, pedra lisa e redondeada polo erosión. ( Asemade  a cántara é un lugar onde abundan as grandes rochas redondas).

ORIXE “ A MOURA”.

As Mouras son un dos persoeiros mitológicos galegos máis coñecidos.

Son seres sobrenaturais presentes na mitología de tódolos paises célticos, coñecidas coma Xanas en Asturias; Lamiñak no País Vasco; Fée  en Francia, Korrigan en Bretaña, as mouras, polo tanto, son fadas dotadas de poderes máxicos, propias do folclore europeo e son unha mostra de que, a pesares dos matices, existe unha unidade cultural europea.

As mouras  posúen as seguintes características:
. Teñen poderes máxicos.
. Posúen tesouros e riquezas, principalmente ouro.
. Viven en lugares especias, sempre fóra da aldea e as veces soterrados.
. A súa actividade é xeralmente nocturna.
. Están dotadas de grande beleza,.
. Teñen a pel clara  e longo cabelo de color ouro, que adoitan peitear cuidadosamente.
.- Poñen a proba o valor e a intelixencia dos humanos.
.- A súa riqueza pode pasar os humans.

O MARAVILLOSO MUNDO DAS FADAS.

A crenza en fadas e seres máxicos funde as súas raices na noite dos tempos, algunas tan antigas coma a vida mesma.

Segundo o lugar donde viven, podemos encontrar diversos tipos de fadas:
As fadas de auga poden atoparse en malquiera lugar donde este elemento esté en liberdade e puro, por ejemplo en ríos, fervenzas, fontes, lagoas, etc.
As fadas que habitan en ríos e covas, chámanse xeralmente Lamias; as que surcan os mares son as Sireas ou Nereidas, as fadas que viven nas fontes son as Ninfas.

Non todas as persoas teñen o privilexio de ve-las fadas  posto que segundo a tradición, só as persoas de alma pura ( principalmente os nenos) son quén de contemplalas.
Por iso, se queres tentar ver a moura, podes seguir varios sistemas:
.- Entre dous parpadeos, buscando o lugar máis puro da cántara.
.- Creando un “ Anel de fadas”, colocando pedras máxicas en círculo que poderían facilitar o acceso o país das fadas.
.- Tras saborear  unha flor especial coma é a Prímula silvestre ou “ Flor do cuco”  moi abundante durante a primaveira ( dícese que non se debe ter dentro da casa porque é unha invitación a que entren nela fadas traviesas).

As fadas  protexen ás árbores e o lugar onde habitan. As árbores que máis lle gustan son os carballos vellos ( Quercus Robur a Quercus Pyrenaica), o espiño branco ( Crataegus monogyna) e o freixo ( Fraxinus  excelsior ) que se crecen xuntos e atas un fío roxo que xunte cada gaia crearas unha forte protección para sempre.

Entre as árbores frutais, as que máis lle gustan son as mazairas, dín que cando recollas a súa froita nunca debes de arrincar a última da árbore porque as fadas odian as persoas avarentas que queren todo para sí   e sobor de todas as abelairas, dín que hai que ter coidado co que se fai a sombra dunha abelaira pois  aumenta a fertilidade.

Sen embargo as árbores máxicas por excelencia das fadas con poderes protectores son:
.-O  sabugueiro ( Sambucus nigra), que alberga un espíritu gardían e si algúen se atreve a cortar esta árbore, este atrevemento acabará co seu gando    .- O  acibro ( Ilex aquifolium), é a árbore sagrada dos celtas,e empregado coma adorno de nadal . As cor roxa símbolizan o nacemento e os bos comenzos e a verde a terra, a fertilidade e a abundancia.
.- O trébol de catro follas ( capaz de romper os feitizos, en xeral empregase para atraer a boa sorte.  Existe a teoría de que a primeira folla a esquerda do tallo traenos fama, a segunda riqueza, a terceira amor e a cuarta saúde.)

Nunca debemos cortar éstas árbores, pero xamáis  se están bordeados  de Campanulas, pois traeranos mala sorte.

Para as fadas pequeniñas  os cogomelos son a súa casa, o seu refuxio  e o seu lugar de xogos.

No lugar da Cántara da Moura podemos atopar todas estas árbores  e flores porque as fadas protexen o lugar onde habitan.

FLORA

Unha parte do Concello da Veiga atópase incluído nunha rede europea de espazos naturais protexidos, denominada Rede Natura 2000.
A Rede Natura 2000  xurde como consecuencia da ampliación da protección que outorgaban a Directiva Aves ( 79/409/CEE )  e a Directiva Habitats ( 92/43/CEE) que pretendían protexer as aves silvestre e os habitats naturais, respectivamente, coa que se pretende garanti-la biovidersidade mediante a conservación dos habitats naturais da flora e fauna silvestres.
Nesta Rede Natura 2000, están incluídos a totalidade de ZEPAs ( Zonas de especial protección para as aves), de LICs ( Lugares de importancia comunitaria, no noso caso o Lic “ Pena Trevinca”) e rematará coa definición das ZECs ( Zonas de especial conservación).
O Lic Pena Trevinca atópase nos concellos de A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Viana do Bolo, O Bolo e Manzaneda, cunha superficie de 24.860 ha.

A riqueza botánica do espazo natural  é moi importante, destacando principalmente:

Habitats:

.- Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robus e Quercus pyrenaica ( Carballos e rebolos )
Cabe destacar a abundancia de líquenes nos troncos dos carballos o que da idea da grande calidade e pureza do aire da zona.
.- Uceiras húmidas atlánticas  con  Erica ciliaris e Erica tetralis e uceiras endémicas con toxo.
.- Bosques de Castanea sativa ( castaños ), de Agnus glutinosa ( Amieiros ), de Fraxinus excelsior ( Freixos),  de Ilex aquifoliun ( Acibros ), Betuna celtiberica ( Bidueiro) con abundancia de xestas, piornos e queirugas.
.-Lagos naturais con vegetación acuática de Magnopotamion ou Hydrocharition, nas Lagoas da Serpe, do Celo, do Pico do Celo e outras do macizo de Pena Trevinca.
Salientar o importante bosque, o de maior importancia da península ibérica , de Taxus Baccata ( Teixos ) existente no Lic Pena Trevinca, coñecido coma “ O Teixadal de Casaio “.

Flora:.

O atractivo biológico da zona reside fundamentalmente no grande desnivel existente  entre o nivel base  e as cotas máis altas do territorio galego ( 2.127 mts) coa conseguinte diversidade  bioclimática   o que permite unha riqueza botánica moi importante.
Destacan pola súa mayor presenza as seguintes especies:

Campanula cantabrica occidentales  ( Campanula ).
Narcissus Pseudonarcissus nobilis ( Flor de San Xosé)
Nardos Stricta ( Herba das brañas)
Genista Sanabrensis ( Piorno)
Vaccinum myrtillus ( arandos )
Juniperus nana ( Xenebro )
Prunas spinosa ( Abruñeiro )
Laurus nobilis ( Loureiro)
Arbutus unedo ( Érbedo)
Sorbus Aucuparia ( Serbal dos cazadores)
E salientable a presenza dunha pranta carnírvora , a Drosera rotundifolia, na área dos pastizais con turbeiras da alta montaña.
Genciana
Vinca Minor  ( Existe a teoría de que ésta flor da orixe o nome de Trevinca )

FAUNA

Contabilizanse na zona 165 especies de vertebrados ( 12 anfibios, 13 reptís, 100 aves, 36 mamíferos e 4 peixes). Ante a imposibilidade de citalos todos, salientanse os seguintes:

Aquila chrysaetos ( Aguia real)
Gyps fulvus ( voitre leonado)
Tachybaptus ruficollis ( somorgullo pequeño) que nidifica na Lagoa de O Celo.
Perdix Perdix ( Charrela, o borde da extinción )

Destacan a volvoreta Aricia Morronensis ribbe, a libélula  Coenagrion mercuriale e o escarabello  Lucanus cervus ( cervo voador ).

Canis Lupus (  Lobo )
Mustela erminea ( Doniña branca)
Meles meles ( Porco Teixo)
Chioglosa lusitanica  ( salamántiga galega )
Rana Ibérica ( Ra patilonga )
Lacerta schreiberi  ( lagarto das silvas)
Vipera Seoanei ( Víbora )

Salmo Trutta ( Troita común )
Onchorhyncus mykiis ( Troita arco iris )