Funcións

Home»Organigrama » Funcións

ÁREAS DE FUNCIONAMENTO MUNICIPAL:

**********************************************************************************************************************************************

ÁREA DE SANIDADE E MEDIO AMBIENTE:

Inclúe as áreas de  Medio Ambiente, Xestión de Residuos e Conservación da Natureza, a área de Xestión de Montes e as áreas de Xestión de aguas: abastecemento e depuración de aguas.

Atribucións do Concelleiro:

Dirección e organización dos servizos de abastecementos e depuración de augas.
Planificación de obras e inversións municipais en materia de augas.
En xeral, formular propostas de actuación en materia de augas.
Dirección e organización dos servizos municipais en materia de xestión de residuos.
Dirección e organización da área de medio ambiente e conservación da natureza.

**********************************************************************************************************************************************

ÁREA DE OBRAS E URBANISMO:

Inclúe as áreas de planificación , xestión e disciplina urbanistica, o Servizo de Urbanismo Municipal e á área de planificación  e seguimento de obras municipais.

Atribucións do Concelleiro:

Dirección  e organización dos servizos de urbanismo municipal.
Planificación de obras e inversións municipais.
Seguimento e contral de inversións municipais.
En xeral, formular propostas de actuación nas áreas de obras e urbanismo municipal.

**********************************************************************************************************************************************

ÁREA DE DESENVOLVEMENTO RURAL E DEPORTES:

Desenvolvemento Rural
Inclúe as áreas de desenvolvemento forestal, agrícola e gandeiro así coma o apoio e impulso das industrias forestais, agrícolas e gandeiras.
Deportes
Inclúe os servizos municipais de Escolas Deportivas Municipais  e demáis actividades de promoción  deportiva , así coma actividades deportivas  e de ocio e tempo libre  na natureza.

Atribucións do Concelleiro:

Desenvolvemento Rural
Dirección e organización dos servizos incluídos nesta área
Dirección  e organización de actividades de desenvolvemento rural.
En xeral, formular propostas de actuación da área de desenvolvemento rural.
Deportes
Dirección e organización de actividades deportivas e eventos deportivos  especifícos.
En xeral, formular propostas de actuación da área de deportes.

**********************************************************************************************************************************************

ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS E CULTURA:

Inclúe os Programas de Servizos Sociais : Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Teleasistencia , Educación de Familia,  Educación xuvenil e de Adultos,  Inserción Social, Voluntariado, Promoción e participación social e máis os servizos de Animación Socio-cultural : Biblioteca Pública, Telecentro de novas Técnoloxías, Banda de Gaitas Municipal, Coro Municipal  e demais programas culturais.

Atribucións da Concelleira:

Dirección  e organización dos servizos incluídos neste área.
Dirección e organización de eventos culturais.
En xeral, formular propostas de actuación da área de servizos sociais e cultura.