Alcaldía

A través desta páxina pretendemos que os cidadáns teñan acceso á información que xenera a administración municipal. Acceso ós servizos municipais: Servizos Xerais, Secretaría, Urbanismo, Servizos Sociais, Emprego e Desenvolvemento Rural, Cultura, Educación e Xuventude, PIC, etc, para así, cumprir o noso compromiso de mellorar o servizo de atención ó cidadán.
Queremos que saibades como se xestionan os recursos, podendo coñecer en todo momento o estado de execución dos presupuestos, así como todos os acordos plenarios, proxectos, etc. En resumo, queremos mostrar a nosa xestión con total transparencia e ademais queremos que este espazo sexa un punto de encontro co Alcalde e, de forma rápida, poidades transmitirme as vosas opinións, queixas e suxerencias, que sen dúbida axudarán a mellorar a nosa xestión.
Asimesmo queremos dar a coñecer as características do noso Concello, situado nas terras máis altas de Galicia –TREVINCA– que cos seus 2.127 m é o teito de Galicia.
Fomos declarados Municipio Turístico Gallego en 2001.
Fomos galardoados co Premio BANDEIRA VERDE 2002 á mellor acción na conservación da biodiversidade.
Premio Agader 2003 ó embelecemento do medio rural galego, polo noso proxecto: “Rehabilitación de elementos arquitectónicos de carácter etnográfico e actividades tradicionais”.
Tenemos espazos na Rede Natura 2000. Somos lugar de importancia Comunitaria (LIC) e imos a ter unha zona ZEPA (Zona Especial de Protección para as Aves).
A Natureza é o noso principal patrimonio e temos por diante o reto apaixoante de protexela e promocionala, para convertirnos no Concello de referencia do rural galego, onde poidamos vivir na natureza e da natureza.
A través desta gran fiestra poderedes entrar no PARAÍSO PERDIDO que alguén dixo que estaba na VEIGA.
Desexando que esta visita virtual se convirta nunha visita persoal que, sen dúbida vos permitirá disfrutar do encanto deste rincón de Galicia e da hospitalidade das súas xentes.
Saúdavos,
Fernando Fernández Yáñez
Alcalde da Veiga