You are hereTREVINCAFOLK. Primeiro Festival de Montaña.

TREVINCAFOLK. Primeiro Festival de Montaña.


O Concello da Veiga organiza o Primeiro Festival de Montaña TREVINCAFOLK.

Coa intención de atraer os amantes da música folk ao interior de Galicia, crea este festival que pretende ser un referente en sucesivos anos. Ademáis o festival inclúe mostras de artesanía, folclore, gastronomía e mesmo unha ascensión ao cumio de Galicia: Pena Trevinca (senda do cume). Na praia instalaranse mostras de antigos oficios (senda do labor) e un escenario que dará cabida a distintos grupos de pandereteiras, gaiteiros e cantareiras (senda do son). No pobo e a partir das nove da tarde, poderanse efectuar a senda do sabor, consistente nun percorrido polos distintos establecementos da Veiga degustando pinchos e viños de montaña. Éste rematará nas barras que se montarán na praia. Para iso o concello elaborou un vale que se pode adquirir por 6€ co cal se pode facer a ruta dos nove. Para finalizar o día contarase coa estelar participación do grupo "Luar na Lubre" ás doce da noite. Gozade do festival.

Mais información no teléfono 988 35 00 00.

AdxuntoTamaño
Trevincafolk9.jpg199.44 KB
diptico Trevincafolk.pdf853.04 KB