You are hereFestas e feiras

Festas e feiras


Na época estival, na que polo regreso dos emigrantes triplícase a poboación, A Veiga é unha continua festa.

Como curiosidade, no mes de agosto non existe un só día no que algún dos pobos non celebre a súa festa.

O concello de A Veiga é moi activo no aspecto cultural, constantemente se están a organizar eventos como excursións guiadas, exposicións de arte popular, mostras de artesanía en vivo, exposicións de pratos típicos e degustacións gastronómicas, entre outras.

A Feira de Caza e Natureza Trevenatio ten un notable éxito de público. Pode obterse máis información sobre estas actividades no teléfono 988 350 233.

FESTA LUGAR DATA
SANTO TIRSO Santa Cristina 1º domingo de maio
ASCENSIÓN Prada Domingo seguinte ó Xoves da Ascensión
A OCTAVA Corzos  
SAN PEDRO Pradolongo 2 agosto
SAN JOSÉ Meixide 3 agosto
SANTA MAGDALENA Ponte 4 agosto
SAN SALVADOR Casdenodres 6 agosto
SAN PEDRO Vilanova 8 agosto
FESTA DO EMIGRANTE A Veiga 9 agosto
SAN LOURENZO San Lourenzo 10 agosto
SAN ANTONIO Edreira 12 agosto
SAN XOÁN Seoane 13 agosto
SANTA MARÍA Valdín 14 agosto
SANTA MARÍA Lamalonga 15 agosto
SAN ROQUE Castromao 16 agosto
SANTA MARÍA Xares 18 agosto
SAN ESTEBAN Prado 20 agosto
SAN MAMEDE Castromarigo 21 agosto
SAN ANDRÉS Requeixo 22 agosto
SAN VICENTE Espiño 25 agosto
SANTA MARÍA Meda 26 agosto
SAN MIGUEL Carracedo 27 agosto
SAN FÉLIX Baños 29 agosto
SANTA MARÍA A Veiga 8 setembro
ROMERÍA NA MORTEIRA Xares 8 setembro
SANTO ANXO Curra 2 outubro

FEIRAS

Na capital do concello celébranse tres feiras mensuais os días 9, 17 e 29. (Cando coincide en domingo trasládase ó luns).

OUTRAS FESTAS

Durante o resto do ano temos as seguintes festas:
- 5 de xaneiro: celébrase con gran vistosidade a Cabalgata de Reis.
- Febreiro: festéxase o Entroido, cos tradicionais folións e carrozas, todo envolto en fariña.
- Semana Santa: todos os anos ten lugar o "Viacrucis da Serra" na localidade de Lamalonga. Os seus 14,2 km de recorrido, entre fermosos paisaxes de montaña, convírteno non máis longo de Galicia, e ten unha gran presenza nos medios de comunicación.
- Corpus Christi: coa ancestral tradición das alfombras florais no núcleo de A Veiga.
- Outubro: coa chegada do outono veñen os populares Magostos.MaiosMagosto