preloadingpreloading

Lagoa de Carrizais

ÁREA DE RECREO: LAGOA DE CARRIZAIS

LOCALIZACIÓN

Provincia: Ourense
Comarca: Valdeorras
Concello: A Veiga
Lugar: Lagoa de Carrizais

ACTIVIDADES
Senderismo, BTT, turismo ornitolóxico, observación de flora e fauna autóctona

ACCESO
Núcleo capital municipal A Veiga.
Accesibilidade: peonil

DESCRICIÓN
A Lagoa  de Carrizais atopase próxima as Lagoas de O Celo e Laceira. Destaca a abundancia de rá ibérica (ou rá patilarga) que hai nesta lagoa, que se pode ver sobretodo dende novembro a marzo (periodo que coincide co ciclo reproductivo), ainda que en zonas máis baixas pódense ver durante todo o ano. A sua cor varía desde o pardo claro ou avermellado ata o pardo escuro, tamen podemos observar nesta rá unha mancha escura moi característica que vai dende o ollo ata o tímpano. Trátase dunha especie endémica da Península Ibérica, que vive nas ribeiras de ríos e lagoas de augas frías,  e que actualmente se atopa amenzada pola contaminación dos hábitats.

 Estes hábitats son escasos, e danse especialmente en zonas chuviosas do norte e en zonas montañosas como é o Macizo de Pena Trevinca. Nestes medios acuáticos pantanosos a matería orgánica  descompuxose máis lentamente, provocando unha alta presencia de humus nas augas que lles confire unha cor parda escura, así como unha grande acidez.  Debido a esta ácidez a vexetación é escasa, destacando a presencia dalgunhas especies de Utricularia, plantas non enraizdas que viven entre duas augas e que son capaces de suplementar a sua dieta capturando pequenos animais acuáticos
( trátase de plantas carnivoras) .

LOCALIZACIÓN E VÍAS DE COMUNICACIÓN
Cómo chegar:
Dende a Oficina de Turismo de A Veiga, diriximonos o núcleo de Xares (a 12 qm), accedendo a través do Coto Montes de Xares  e seguindo as indicacións da Ruta das Lagoas.


 

Lagoa de Carrizais
carrizais1.jpg
carrizais2.jpg
carrizais3.jpg
News

Agregadas novas ordenanzas na sección "Servizos Municipais/Secretaria" sobre MICOLOXIA

Resultados Torneo Futbol-Sala A VEIGA 2012

Listado de admitidos  en relación a convocatoria para a contratación dun/ha técnico para a oficina de fomento cooperativo.

Cartel coa programación do Dia da muller traballadora

Desde este LINK poderá visualizar ONLINE o novo folleto turístico de A Veiga

Desde o Concello da Veiga, terras de Trevinca, desexamosvos felices festas e un feliz 2012

PROGRAMA NADAL 2011

Programa completo da oficina de turismo para a semana da Ponte da Constitución

Exposición Elas ensinan:
Un pecorrido pola historia da educación na Galicia dos últimos séculos a través das mestras.

Dende a Oficina de Turismo da Veiga estamos organizando unha serie de actividades para a primeira fin de semana da ponte da Constitución
 

Magosto 2011
 

Actividades Infantis
SAMAIN 2011
O dia 31 de outubro as 16 horas, fai click na cabaza...
Samain 2011

 

Actividades en A VEIGA
¡¡¡APUNTADEVOS!!!

¡¡¡A VEIGA EN FESTAS!!!
Dias 7, 8 e 9 de Setembro
Faga click no cartel para ver o programa de festas

**************************
25 DE AGOSTO.
 CHARLA: HISTORIA DO WÓLFRAM EN A VEIGA. AS MINAS DE VILANOVA.
17.00 horas. Charla e pequena proxección a cargo de Antonio Fernández Pena (Cholo).
17.30 horas. Saída guiada ata as antigas casas das minas (40 minutos de percorrido)
Lugar: Vilanova. Casa de Turismo Rural “O Trisquel”

26 DE AGOSTO:
SAÍDA EN BICICLETA, VOLTA Ó EMBALSE.
10.00 horas na praza do Concello, onde se recollerán os dorsais.

Para apuntarse en calquera das actividades, podedes chamar ó Concello (988350000), á oficina de turismo (988 350 130), ou á biblioteca (988 350011)
Na saída en bicicleta cada un levará cadansúa comida e bebida, é imprescindible levar o casco e os menores de idade terán que presentar unha autorización paterna que poderán recoller no concello.

Bagoas de San lourenzo

10 de Agosto 23:00

TreVenatio o 23 e 24 de Xullo

Camiñata o dia 16 de XULLO
-----
Xa temos no concello de A Veiga cobertura de Iberbanda, esto é unha empresa que ofrece Internet banda ancha e telefonía no rural, podemos contratar ata 2 Mb de velocidade, comproba a túa cobertura en http://www.tngo.es

Ultima actualización
April 23. 2013 01:09:19